AMBIENTES PERSOAIS DE APRENDIZAXE E REDES SOCIAIS NA EDUCACIÓN (PLE E PLN)

by - marzo 26, 2019


Estou a piques de acabar o curso de PLATEGA “Ambientes persoais...”. Podo dicir que como profesora de TICS utilízoo nas miñas clases. Moitas das aplicacións propostas úsoas normalmente cos meus alumnos e a raíz do curso incorporei algunas máis á programación.





As aplicacións que utilizo habitual mente son todas as de google drive (docs e calc, sobre todo), tamén aprendemos a facer blogs para presentar distintas actividades da materia.





Como nova ferramenta este ano, e que me gustou especialmente foi o taboleiro do Pinterest e tamén o google sites. Este último, ainda que xa o tiñamos usado noutros cursos, deille este ano un novo enfoque. Tamén estou aproveitando o módulo de seguridade nas redes sociais, xa que é un tema que sempre se toca con adolescentes pero grazas o material atopado no curso conseguín ampliar bastante o que xa tiña.




A aplicación que non me convence moito para este fin é o twitter xa  que os alumnos normalmente non o usan. Eu utilizo este programa para comunicarme con algúns compañeiros ou estar ao día en determinadas noticias relacionadas coa materia e pouco máis.


You May Also Like

0 comentarios